Difusión a través de la Televisión de Galicia

As cifras falan por si mesmas. En todo o territorio español e tamén en Galicia un de cada sete rapaces sofre algún tipo de maltrato, ben sexa físico ou na Internet. A cifra aumenta se falamos de abusos sexuais xa que é un de cada cinco nenos o que o padece. AMINO, unha entidade sen ánimo de lucro que leva tres anos traballando en Galicia pola infancia, pídelle á sociedade que non tape os ollos e recoñeza a gravidade do problema.

Para AMINO as dúas realidades máis graves que sofren os nenos e adolescentes son o abuso e o maltrato en todas as súas variedades. Falamos de bullying, de maltrato psíquico ou psicolóxico, falamos de neglixencia no coidado do menor e do abuso sexual, de todos ao que máis expostos están os nosos nenos.

Toda a sociedade debe mirar e ver o problema, dende a sanidade, os servizos sociais, a educación, a investigación e a xustiza.

AMINO é a unica entidade sen ánimo de lucro en Galicia que desde hai tres anos axuda e apoia as familias e as vítimas que afrontan este tipo de situacións.

Fuente: www.crtv.es

Este sitio utiliza cookies para mejorar los servicios que se ofrecen. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política