NOVAS DATAS 2026
INFORMACIÓN SOBRE OS NOSOS EVENTOS
Todas as sesións son de 10 participantes e a data bloquéase ao estar completa, volvéndose desbloquear cando hai unha baixa.
As sesións (que son online e de balde) teñen unha duración de dúas horas, habendo varias alternativas de datas e horarios. Haberá dous tipos de sesións: Teórica (contidos relacionados con bases teóricas sobre detección e comunicación de VSI) e Prácticas (ferramentas de prevención de VSI para as distintas etapas educativas), podéndose inscribir nunha ou en ambas modalidades. Unha vez realizada a inscrición, enviarase a ligazón ás sesións ata un día antes da celebración da mesma (revisar spam/ correo lixo).
Tras finalizar as sesións, enviarase automaticamente unha enquisa e o certificado de asistencia.
Se tes calquera consulta podes contactar a través de formacion@aminogal.es
